Sustentabilidade

MSC

A pesca constitúe unha fonte vital de alimentos, emprego, recreación, comercio e benestar económico para as poboacións de todo o mundo. Tanto para as xeracións presentes como para as futuras.

En Armadora Pereira somos conscientes de que a sustentabilidade dos recursos pesqueiros é fundamental para todos. Por iso esforzámonos por ir sempre máis aló dos estándares que nos esixen e por investir en novas tecnoloxías que permitan a pesca selectiva.

O noso compromiso co medioambiente baséase principalmente na < strong>xestión sostible dos recursos naturais e o respecto aos ecosistemas.

La sustentabilidade das nosas actividades pesqueiras está acreditada actualmente con estas iniciativas:

Lucha contra a pesca IUU

Armadora Pereira participa nas principais asociacións e iniciativas encamiñadas á conservación dos recursos mariños e a loita contra a pesca IUU (pesca ilegal non declarada nin regulamentada) con prácticas responsables de pesca que son auditadas periodicamente por organismos internacionais independentes de acreditado prestixio.

ISSF Proactive Vessel Register

Como garantía do cumprimento de todas estas medidas para a sustentabilidade do medioambiente, Armadora Pereira pertence á International Seafood Sustainability Foundation ( ISFF), fundación internacional para a preservación do mundo mariño.

A inscrición dos nosos buques no Proactive Vessel Register ( PVR) de ISSF é unha maneira eficaz, crible e obxectivamente verificable, de identificar aqueles buques de pesca cuxos armadores están comprometidos en mellorar as sustentabilidade das pesqueiras, realizando esforzos significativos para mellorar as prácticas responsables de pesca de atún e asumindo os compromisos multianuales de ISSF.

Sostenibilidad Sostenibilidad